O Clínic Joe Arlauckas-Tui 2016 na TVG.

Outra vez máis a TVG achegouse ata Tui para facer unha reportaxe do Clínic 2016, onde tamén entrevistaron o maestro Zeljko Obradovic.

Moitas grazas.

                                                                           

Clínic Joe Arlauckas-Tui 2016.


                   Zeljko Obradovic impartirá un Clínic de baloncesto en Tui

O sábado 2 de xullo celebrarase en Tui un Clínic de baloncesto enmarcado dentro da programación do Campus Joe Arlauckas-Tui, o Clínic será impartido por cinco poñentes de auténtico luxo e de recoñecido prestixio, tanto a nivel nacional como internacional, que o longo de toda a xornada disertarán sobre diversos temas.

Máis información nesta mesma páxina





Campus Joe Arlauckas-Tui 2016.

O Campus Joe Arlauckas-Tui, na súa edición 2016, volverá celebrarse en Tui desde o lúns 4 ata o sábado 9 de xullo, ambos inclusive, datas nas que volverá estar en Tui o estadounidense Joe Arlauckas, director do Campus i ex xogador da NBA e do Real Madrid.

De novo volvemos contar cun staff técnico de auténtico luxo, ademais contaremos coa presenza de adestradores de primeiro nivel, así como tamén recibiremos a visita de xogadores ACB que departirán as súas experiencias deportivas cos participantes do Campus.

Nesta mesma páxina atoparás tódala información que precisas, así como tamén o formulario para poder incribirte no Campus.

........................................ Ahh, e lembra que as prazas son limitadas.





IV Gala do Deporte Tudense 2015.

Joe Arlauckas, director do Campus, foi premiado na IV Gala do Deporte Tudense 2015 cunha Mención Especial pola súa colaboración na promoción turística de Tui e por darlle o seu nome o Campus.

Premio que facemos partícipes a tódalas casas comerciais, colaboradores, técnicos e xogadores que nos últimos anos fixeron que este Campus de Tecnificación Joe Arlauckas-Tui sexa considerado unha referencia nacional.

Por último, expresar a nosa gratitude ós membros do xurado, a Concellaría de Deportes e ó Concello de Tui.

A todos, grazas.



O Campus 2015 na Televisión de Galicia.


De novo a Televisión de Galicia (TVG) volveu visitar o Campus Joe Arlauckas-Tui para facer unha reportaxe sobre o Campus.

Moitísimas grazas.
                   
                                     

  

Campus de Tecnificación Joe Arlauckas-Tui 2015.

Un ano máis, e xa van tres, imos celebrar entre os días 27 de xullo e 1 de agosto de 2015 o tan esperado Campus de Tecnificación JOE ARLAUCKAS - TUI 2015.


Como sempre volveremos contar na nosa cidade coa presenza do ex xogador da NBA e do Real Madrid Joe Arlauckas, amais de técnicos e xogadores de altísimo nivel, con eles gozaremos dunha gran semana de baloncesto en Tui.



O Campus na TVG.

Reportaxe sobre o Campus de Tecnificación Joe Arlauckas-Tui 2014 feita polo xornalista deportivo Manuel Pampín e o cámara Josito para o programa A Revista FDS da TVG.

Moitas grazas.


Campus de Tecnificación Joe Arlauckas-Tui 2014.

O Club Baloncesto Tui vai celebrar na vindeira semana do 21 o 26 de xullo o Campus de Tecnificación JOE ARLAUCKAS C.B. TUI 2014, enfocado a xogadores de basket de máis de quince anos na procura de mellorar o seu rendimento deportivo.

O Campus estará dirixido polo ex xogador da NBA e do Real Madrid Joe Arlauckas, que xunto a un equipo de adestradores superiores e da fisioterapeuta Marta Zurro adestrarán a xogadores procedentes das canteiras de equipos da Liga Endesa e ADECCO, algúns xa debutaron en ACB esta tempada. Con sesións de adestramento de mañá e de tarde, tanto colectivos como individuais, práctica de tiro, defensa, mellora do xogo de costas ao aro, etc. Tamén se complementará o Campus cunha charla sobre nutrición, outra sobre psicoloxía deportiva e un encontro con dous axentes profesionais de xogadores, como actividades de lecer haberá un paseo en catamarán e un descenso en rafting polo rio Miño, finalizando o Campus cunha visita guiada polo casco vello de Tui.