Campus de Tecnificación Joe Arlauckas-Tui 2014.

O Club Baloncesto Tui vai celebrar na vindeira semana do 21 o 26 de xullo o Campus de Tecnificación JOE ARLAUCKAS C.B. TUI 2014, enfocado a xogadores de basket de máis de quince anos na procura de mellorar o seu rendimento deportivo.

O Campus estará dirixido polo ex xogador da NBA e do Real Madrid Joe Arlauckas, que xunto a un equipo de adestradores superiores e da fisioterapeuta Marta Zurro adestrarán a xogadores procedentes das canteiras de equipos da Liga Endesa e ADECCO, algúns xa debutaron en ACB esta tempada. Con sesións de adestramento de mañá e de tarde, tanto colectivos como individuais, práctica de tiro, defensa, mellora do xogo de costas ao aro, etc. Tamén se complementará o Campus cunha charla sobre nutrición, outra sobre psicoloxía deportiva e un encontro con dous axentes profesionais de xogadores, como actividades de lecer haberá un paseo en catamarán e un descenso en rafting polo rio Miño, finalizando o Campus cunha visita guiada polo casco vello de Tui.